Performance
Monthly Listeners
Current
Followers
Current
Streams
Current
Tracks
Current
Global Rank
Current
Listeners 816
Top Releases
View AllBiography
Trapallada é unha banda de ska-punk formada no 2004, no barrio de Monte Alto (A Coruña, Galiza). Comezan coa idea de tocar a música dos grupos que escoitaban nesa época e pasar bos momentos entre amigos, ata que evolucionan compoñendo temas propios, dando os primeiros concertos e incorporando novos membros ata a formación actual de dez músicos. Mesturando ska, punk, rock ou reggae conseguen un son potente e festivo, con letras en galego que falan da realidade que os rodea, a defensa dos dereitos individuais e colectivos, o rexeitamento de actitudes fascistas, machistas e que atenten contra a liberdade das persoas. A súa traxectoria nos escenarios compleméntase coas seguintes traballos discográficos: O peor de cada casa (2005), 15002: Espírito de loita (2008), Pedras no camiño (2012), Guns of Monte Alto (2015), Alenta o mar (2016), Lume nas bancadas (2021), Eoé! Ao vivo na Pobra (2023). Este último disco recolle un dos concertos da anterior xira, na que consolidaron un son maduro e elaborado, propio da súa experiencia individual e colectiva. O seu directo está cargado de mensaxe sen esquecer a festa que caracteriza o ska, que non deixará indiferente a ninguén!