Performance

Monthly Listeners

Current

Followers

Current

Streams

Current

Tracks

Current

Popularity

Current

Top Releases

View All

Morriña de verán

Vudú de cortello

Mal Tempo Para O Amor

La Flor

Biography

¿Que pode acontecer cando un pai e unha filla, cunha paixón desmedida pola musica e o galego, dispoñen de todo o tempo do mundo? Ese é o punto de partida, cando durante o confinamento, xorde Spooky Velvet. Despois duns anos facendo experimentos na casa, compoñendo temas propios e adaptando ao galego cancións de artistas dun amplo espectro estilístico, sempre cun punto divertido, por fin chegou o momento dedar un paso mais alá. Primeiramente, cunha colaboración de luxo ca fenomenal Nat Simons, a cal os convidou participar no seu fermoso proxecto Felinas que viu a luz este pasado xaneiro. Nese disco-libro, Spooky Velvet adaptaron ao galego o seu tema Macabro Plan Foi durante a gravación deste Macabro Plan Galego cando fixeron boas migas co musico, arranxista e produtor, Santi Elsanto Ruiz ( 69 Revoluciones, Veracruces ). E a comezos deste 2024 unen forzas para darlle un formato máis profesional a catro temas que xa tiñan maquetados Spooky Velvet no seu estúdio caseiro. Tras uns meses de traballo en Madrid, en Las Dos Rosas Studio, o 1 de Novembro poderedes desfrutar do resultado a través de Xonix Records. Un EP titulado “Vudú de Cortello”, no cal o dúo presenta catro cancións dun rock lixeiro e apegadizo con tintes synth wave, propulsado por letras repletas de imaxinaría monstruosa pero sen perder o sentido do humor. E onde a melosa voz de Xiana loce en todo o seu esplendor. Recollendo influencias que van dende Ghost a Florence + The Machine, pasando por Tom Petty e Parcels.